lunes, 28 de enero de 2008

Buracos negros


Un buraco é unha gran concentración de masa que provoca un aumento enorme de densidade, e que con iso da lugar a un campo gravitatorio moi potente, a unha rexión finita do espacio-tempo ao que ningunha partícula material ((ninsequera a luz)) logra escapar.


A teoría da deformación do espacio-tempo pola forza de gravitación (( na que se apoia tamén a teoría dos viaxes no tempo)) xa foi predita por Einsten, pero agora uns ciéntificos americanos comprobaron e mediron por primeira vez a distorsión do espacio-tempo que ocurre nun buraco negro. Estos datos obtéronse por a obsevación por un satélite da NASA sobre un buraco negro chamado GRS 1945+105, que se encontra situado a uns 40000 anos luz da terra, na constelación de Águila.



Supostamente, canto máis elevada é a velocidade ou máis intensa é a gravedad, maior é a curvatora do tempo, tamén chamada dilatación. Debido a gran cantidade de enerxía do obxeto celeste provocase unha singularidade ((punto onde deixan de operar as leis matemáticas ou astrofísicas)) envolta por unha superficie pechada, chamada horizonte de sucesos. Este horizonte é o que separa a rexión do buraco negro do resto do Universo e tamén é a superficie límite do espacio a partir da cal ningunha partícula pode saír. Por iso todo o que se acerca demasiado o buraco é absorvido por él, as forzas gravitacionais son tan grandes que ninsequera a luz pode evadilas. Os gases e o pó arremolinanse ao seu arredor e o final acaban caendo dentro del.



Hai un montón de estudos acerca deste tipo de buracos:

A curvatura do espacio-tempo é estudiada por a relatividade xeral.

En 1963, Roy Kerr demostrou que nun espacio-tempo de catro dimensións todos os buracos negros deberían ter unha xeometría cuasi-esférica determinada por tres parámetros : a súa masa, a súa carga eléctrica e o seu momento angular.

Nos anos 1970 Hawking e Ellis demostraron varios teoremas importantes dobre a ocurrencia e a xeómetria dos buracos negros.

E tamén algúns ciéntificos ata chegan a pensar que grazas a estas distorsións no tempo, as maquinas do tempo podrían chegar a funcionar algún día. Esta teoría fisica nomease"viaxes no tempo".

O que esta demostrado e que preto destes obxectos a gravidade é máis intensa, pero aínda así a luz pode todavía encontrar un escape ao exterior. Nesa fuxida a luz perde enerxía que se emite en forma de raios X, que os ciéntificos poden estudiar con telescopios de raios X. Desta forma é posible o acercamento aos buracos negros que por a súa natureza escura son case imposibles de acceder.



1 comentario:

eloy dijo...

buf, este si que é un tema realmente difícil!!!