domingo, 28 de octubre de 2007

A m@tërIa €sçurA!

A materia escura refírese ás partículas elementais que non se poden detectar pola súa radiación emitida mais cuxa presenza pode ser inferida a partir dos seus efeitos gravitacionais sobre a materia visible, como estrelas e galaxias. As estimativas do total de materia no Universo, baseadas en efeitos gravitacionais, suxeren que a maioría da materia do Universo é “materia escura”. Por outra banda, a existencia da materia escura resolve certo número de inconsistencias na teoría do Big Bang.



Una imaxe tomada pola NASA, mostrando o que se pensa que é materia escura(representada en azul).


A ciencia logrou entender moito sobre o que se denomina "materia bariónica", a materia "normal" que forma as estrelas e planetas. Pero os investigadores tiveron moitos problemas para comprender que constitúe o principal material do que está formado o cosmos. Só se sabe da súa presenza pola forma en que as galaxias rotan. É dicir, as estrelas das galaxias móvense tan rápido que se non houbese un material invisible que as mantivese xuntas por atracción gravitacional, estas explotarían.





Un dos maiores enigmas da astronomía moderna é que máis do 90% do Universo é invisible para a actual tecnoloxía telescópica. Ata o ano 2006, o único que sabían con certeza os científicos, é que esta materia escura existe e que non pode detectarse directamente porque non emite luz ou radiación.
Só aproximadamente o 4% da densidade da enerxía total no Universo podese observar directamente. Se pensa que entorno o 22% está composto de materia escura. O 74% restante pensase que se constitue de energxía escura, un compoñente incluso máis extraño, distribuido difusamente no espazo. Algunha materia bariónica difícil de detectar realiza una contribución á materia escura, pero constituie só una pequena porción. A determinación da naturaleza de esta masa ausente é un dos problemas máis importantes da cosmoloxía moderna e la física de partículas.



A comezos de 2006, científicos de Cambridge estudando doce galaxias ananas situadas preto do límite da nosa propia Vía Láctea, realizaron mapas en 3D das galaxias baseándose no movemento das súas estrelas para "trazar" a pegada da materia escura entre elas e medila con precisión, concluíndo que:

  • As galaxias contiñan 400 veces máis materia escura que materia bariónica.
  • A materia escura non é, como se cría, fría. As partículas de materia escura, móvense a 9 Km. por segundo, e están a uns 10.000º centígrados.

Gran efecto de lentes gravitacionales observadas polo Telescopio espacial Hubble en Abell 1689 indica a presenza de materia escura

No hay comentarios: